ESPUMA E CORES A MONTONES!
- Candilexas'19
- 20 ago 2019
- 1 Min. de lectura
(AVISO IMPORTANTE: MAÑÁ, MÉRCORES 21 DE AGOSTO, NON HABERÁ CHAMADAS NIN MÓBILES DEBIDO Á EXCURSIÓN Á PRAIA E AO RÍO COROÑO).
Onte desfrutamos do noso primeiro día de praia. Tras asegurarnos de levar as cantimploras rellenas, as gorras postas e a crema botada, emprendemos o noso camiño cara a praia de Barraña. Alí xogamos a a unha morea de cousas, indiacas, voleibol, ás cartas, fútbol e incluso voamos cometas. Desfrutamos dun tempo de relaxación e tranquilidade con tódolos novos amigos/as que estamos a facer en Candilexas.
Comemos alí, esta vez, bocata de xamón serrano e tomate e outro de queixo e crema de cacahuete. De postre, a parte da froita, mercamos chuches e xeados, estaba sendo un día redondo pero...
... o mellor de todo estaba por chegar!
Cando voltamos ao campamento, tras unha longa caminata, e despois de parar en Boiro a realizar unha "Misión Imposible", dous monitores/as agardábannos cunha sorprendente festa holi e festa de espuma. Por unhas horas, Candilexas inundouse de cores e espuma ao son da música.


Finalmente, para rematar esta xornada tan especial, Candilexas convertíuse nun enorme plató de televisión onde os acampados/as foron invitados a presenciar e participar en programas que moitos familiares recordaran, como El Precio Justo o el Grand Prix.
Comments