top of page

MARTES PASADO POR AUGA.

  • Foto del escritor: Candilexas'19
    Candilexas'19
  • 7 ago 2019
  • 2 Min. de lectura

Invernalia chegou a Candilexas e trouxo consigo unha nube negra que non para de pingar auga, pero ese non é motivo para deternos. A choiva non nos vai amolar o campamento.


Cambiamos as ubicacións das nosas actividades, puxémonos a cuberto e continuamos con todo tal e como estaba previsto, agás o día de praia que en principio queda aprazado ata o sábado se o tempo nos da unha tregua.


Continuamos coas rotacións de maxia, danzad, tiro con con arco e circo, onde aprendimos a facer os nosos propios malabares con globos e arroz e adicamos parte do tempo a practicar con eles.



Pola tarde, despois da merenda, ensaiamos as nosas obras de teatro, case o último ensaio antes da representación final de cara ao penúltimo día de campamento e os nervios comezan a aflorar nos nosos pequenos/as artistas!


Ao longo dos días imos realizando unha serie de actividades permanentes do campamento, como o buzón, a wakachina, o cartaz de suxerencias, o cochómetro e a mesa do amor.

O buzón é o lugar onde poden depositar cartas, notas ou mensaxes para os seus compañeiros/as, as cartas poden ser privadas ou públicas pero no caso de que teñan faltas de ortografía, leranse en alto como penalización.


A wakachina é un gran cubo de obxetos perdidos: calcetíns, puchas, cepillos, sudaderas, cantimploras... calquera cousa que os acampados/as deixen esquecido. Cada día aquelas persoas que tiveran unha prenda ou obxeto na wakachina deberá realizar unha proba que marcaremos os monis (cantar diante de todos/as no comedor, falar por xestos durante a comida, levar a roupa do revés durante todo un día...)


O cochómetro é o medidor de orden e suciedade das tendas de campaña coa fin de que cada un/unha sexa responsable e autónomo/a á hora de manter limpas as tendas e ordeadas as súas pertenzas.


A mesa do amor, un recuncho especial para dous , con camareiros particulares e flores frescas presidindo a mesa. Un espazo aberto ao amor, á amizade e ás boas relacións sociais, un espazo íntimo para charlar, coñecerse e crear lazos que lembraremos sempre. Calquera acampado/a pode anotarse para participar e en cada comida e cea dúas persoas ao azar (neno-nena, nena-nena, neno-neno) desfrutaran dun momento máxico.


No cena de onte, a mesa do amor foi presidida por unhos invitados especiais, ALASKA E MARIO VAQUERIZO, que visitaron Candilexas para ofrecernos unha velada espectacular: FUROR! Acompañando aos grupos de MALABARISTAS, MAG@S, ACRÓBATAS E TRAPECISTAS estaban artistas como Lady Gaga, Shakira, David Bisbal ou King África.

Cantamos, bailamos e desfrutamos a raudales, tanto foi así que pola noite esquecímonos de moscas e mosquitos e nada de nada puido interrumpir o noso sono.


Bình luận


© 2019. CAMPAMENTO CANDILEXAS. Creado con Wix.com

bottom of page