O CAPITÁN PLANETA VISITA BOIRO!
- Candilexas'19
- 7 jul 2019
- 2 Min. de lectura
(AVISO IMPORTANTE: MAÑÁ, LUNS 8 DE XULLO, NON HABERÁ CHAMADAS NIN MÓBILES DEBIDO Á EXCURSIÓN Á PRAIA E A BOIRO).
Onte foi un día largo e do máis entretido. Erguémonos con un montón de enerxía e algunha que outra picadura de mosquito. Tras un almorzo de campións/as, empezamos a mañá cun ACTÍVA-T, unha rutina de bailes e coreografías que realizaremos tódolos días ás 9:30 coa intención de espertarnos e quencer un pouco o corpo para poder realizar as diferentes actividades. Co paso dos días, serán os/as acampados/as quen dirixan os bailes coas súas propias propostas.
Durante toda a mañá e a primeira metade da tarde, os diferentes grupos de ACRÓBATAS, TRAPECISTAS, MAG@S E MALABARISTAS realizaron algunhas das actividades máis especiais do campamento.
En teatro, decatámonos que temos unha morea de xóvenes teatreiros (e non o dicimos soamente polas mentirixiñas que nos contan para non comer o brocoli ou cambiarse de tenda) se non que o dicimos polo ben que funcionaron as diferentes dinámicas de improvisación, desinhibición e expresión corporal.

En circo, realizamos un taller onde descubrimos como facer os nosos propios malabares con globos e arroz e practicamos ata converternos en magníficos malabaristas.

En caracterización aprendemos ás técnicas básicas de facepainting e realizamos maquillaxes por parellas de distintas persoaxes: animais (lobo, porco, cervo, can...) de piratas, etc. Todos os coñecementos adquiridos nesta asctividade poñerémolos en práctica cando realicemos as nosas propias representacións teatrais, caracterizando ao compañeiro/a.

E por último, desfrutamos dunha igualada loita futurista con pistolas láser na zona das árbores.

Pola tarde, puxémonos as nosas peores galas e os monitores/as prepararon unha "gynkana guarra", onde, por equipos, fumos realizando diferentes probas, unhas máis engorrosas ca outras ( comer unha mazá flotando en auga sen empregar as mans, atopar coa boca un tesouro escondido nun cubo de colacao, explotar un globo sorpresa na cabeza do compañeiro/a si se falla unha pregunta de cultura xeral, comer unha galleta pegada á frente con mermelada...) pasámolo en grande!!
A pasada noite a contaminación invadíu a nosa contorna e por iso tivemos unha inesperada e importante visita. Os guerreiros de Gaia viñeron a reclutar aos nosos acampados/as para atopar aos Planetarios e así poder invocar ao Capitán Planeta para que loitara contra a contaminación.
Os planetarios, a cambio de axudarnos, puxéronnos diferentes probas para demostrar que realmente éramos persoas preocupadas polo medio ambiente, e... sabedes qué? pois claro que o conseguimos, finalmente o Capitán Planeta apareceu para loitar contra a contaminación e deixar nas nosas mans o facer deste lugar un mundo mellor.
Boas noites e ata mañá, aventureir@s!
Comments