TI Sí QUE VALES!
- Candilexas'19
- 10 ago 2019
- 1 Min. de lectura
(AVISO IMPORTANTE: HOXE, SÁBADO 10 DE AGOSTO, NON HABERÁ CHAMADAS NIN MÓBILES DEBIDO Á EXCURSIÓN Á PRAIA E AO PARQUE DO RÍO COROÑO)
O xoves foi un día especial e espacial, pola mañá realizamos un Gran Xogo. O Doctor Zoiberg, representante internacional da Administración Nacional da Aeronáutica e do Espacio (NASA), visitounos dende Arizona para realizar probas e experimentos espaciais.
Os nosos acampados e acampadas deberon usar todo o seu inxenio para fabricar un paracaídas que protexera aos nosos conexiños de indias: unhos seres misteriosos capturados no espacio exterior: ovos de pita espacial. Con un material limitado e delicado tiveron 30 minutos para construir de cero un soporte que evitara que o ovo de pita espacial rompera ao ser precipitado contra o chan dende certa altura. Aquel equipo que conseguira crear algo tan resistente e o seu ovo sobrevivira podería escoller a un monitor e estamparlle o ovo na cabeza, a motivación no podía ser maior!!!

Pola tarde, pensamos nalgunha das cousas que aprendimos no campa durante estes días e preparamos unha actuación para participar o venres 9, no programa de "Tú sí que vales".
Gracias por toda la información