A CANCIÓN DO CAMPAMENTO.
- Candilexas'19
- 7 dic 2019
- 1 Min. de lectura
Os vinculos e amizades xa están consolidados. Os rapaces e rapazas empezan a ser conscientes de que esta aventura onde desfrutaron, bailaron, cantaron, xogaron, aprenderon e fixeron amigos/as está chegando ao seu fin.
Continuamos coas rotacións nos catro grupo que conforman o campamento de Candilexas e introducironse tres novas: percusión, acrosport e arte na natureza.
Arte na natureza é unha actividade na que se plantexaron dous talleres,por un lado o LandArt, unha corrente de arte contemporáneo na que se crean diferentes elementos artísticos integrados por completo na natureza. Os nenos e nenas exprimiron as súas ideas ao máximo e deixaron voar a súa creatividade! Por outro lado, levouse a cabo un taller de xollería onde realizaron pulseiras, aneis, colgantes... con elementos naturais do entorno: conchegas, paos...

En percusión, unha das rotacións máis emocionantes de todo o campamento, elaboraronse diferentes instrumentos de percusión con materiais de refugallo (cubos de pintura, botes de patacas, botellas de auga...) e aprenderon a controlar o ritmo e os tempos.
Dedicaron toda a rotación a aprender a tocar diferentes cancións que foron amenizadas polos monitores con guitarra e voz en directo. Entre elas destacamos temazos clásicos como: Highway to hell de AC/DC ou We will rock you de QUEEN.


Pola noite os rapaces e rapazas axudaron a atopar a unha morea de persoas que fuxiron do Centro Psiquiátrico de Boiro e que se agocharon nas nosas instalacións, coa intención de adiviñar que lles ocorría e cal era o xeito de axudalos.
Comments