top of page

HARRY POTTER E O CAMPAMENTO FILOSOFAL

  • Foto del escritor: Candilexas'19
    Candilexas'19
  • 14 jul 2019
  • 1 Min. de lectura

Chegados ao día 8 de campamento, ás rotacións de circo, teatro, caracterización, láser x, maxia, tiro con arco, capoeira, acrosport, arte natura e percusión déronse por finalizadas e de agora en adiante tódolas actividades restantes realizaranse en gran grupo para que poidan desfrutar todos xuntos/as dos últimos días do campamento.


Adicamos toda a mañá a realizar un Gran Xogo predeportivo que nos axudou a canalizar toda esa enerxía, e pola tarde pensamos nalgunha das cousas que aprendimos no campa durante estes días e preparamos unha actuación para participar no sábado 13, no programa de "Tú si que vales".


Pola noite, o Campamento Xuvenil de Espiñeira convertíuse no Colexio de Maxia e Feitizería Hogwarts e tivemos que axudar a Harry Potter a atopar os horrocruxes para derrotar a Voldemort, contamos coa axuda dunha morea de profesores e alumnos de Hogwarts aínda que tamén tiñamos a desventaxa de que os dementores merodeaban pola zona.




Comments


© 2019. CAMPAMENTO CANDILEXAS. Creado con Wix.com

bottom of page