top of page

A GOLPE DE ROCK N' ROLL!

  • Foto del escritor: Candilexas'19
    Candilexas'19
  • 23 ago 2019
  • 1 Min. de lectura

Onte foi o último día no que os 97 nenos e nenas ían estar divididos en grupos para algunhas actividades. MAGOS, MALABARISTAS, ACRÓBATAS E TRAPECISTAS desfrutaron do último día de rotacións en Candilexas, introducindo tres novas actividades: acrosport, láser X e percusión.


En percusión, unha das rotacións máis emocionantes de todo o campamento, elaboráronse diferentes instrumentos de percusión con materiais de refugallo (cubos de pintura, botes de patacas, botellas de auga...) e aprenderon a controlar o ritmo e os tempos.

Dedicaron toda a rotación a aprender a tocar diferentes cancións que foron amenizadas polos monitores con guitarra e voz en directo. Entre elas destacamos temazos clásicos como: Highway to hell de AC/DC ou We will rock you de QUEEN.


En acrosport convertímonos en auténticos acróbatas e aprendimos a realizar diferentes e difíciles figuras en pequenos grupos.



Na actividade de Láses X, desfrutamos dunha igualada loita futurista con pistolas de luces ao longo de toda a zona de árbores.


Onte, tamén tivemos a visita de Cristina Pichel, a Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e fumos protagonistas por un intre entre tódolos fotógrafos e cámaras. Nos seguintes enlaces podedes ver ás noticias:




Chegada a noite, participamos nunha emocionante ESCAPE ROOM polas diferentes estancias do campamento chea de enigmas e acertixos que tivemos que resolver para conseguir liberar a un dos nosos monitores que foi capturado por uns seres terroríficos! Puxemos todo o noso empeño e dedicación, creatividade, lóxica e traballamos en equipo para pasar todas e cada unha das probas!




Comments


© 2019. CAMPAMENTO CANDILEXAS. Creado con Wix.com

bottom of page