top of page

DÍA DE PRAIA E PARQUE MULTIAVENTURA!

  • Foto del escritor: Candilexas'19
    Candilexas'19
  • 22 ago 2019
  • 1 Min. de lectura

Onte, aproveitando o bon tempo que nos está a regalar esta útima quenda, voltamos á praia. Polo camiño entonamos diferentes cánticos que fumos aprendendo ao longo destos días: "Viva el follón", "A chivita" "O parapapá"...ou a canción do campamento, unha canción moi especial, composta polos monitorxs con un montón de cariño, que escribiron a partires da base dun tema moi coñecido de Herdeiros da Crus.


"Eu estaba aburrido na casa xogando á play,

xa non sabía o que poder faser...

Debuxei,vin videos e xoguei ao Fortnite,

pero non olvidaba o campa...é que foi moi guay!

EU QUERO!...(EU QUERO), EU QUERO GHOSAR...

VIVIR EN CANDILEXAS, E IR A BOIRO A VELO MAR...!

EU QUERO!...(EU QUERO), EU QUERO GHOSAR...

E CANTAR POLA RÚA O PARAPAPÁ!"




Pola tarde, despois de comer, desfrutar dos amigos/as, xogar ao voley, bañarnos, botar unhas cartas, facernos unha morea de tatus con pinturas, voar cometas, xogar á petanca, ao fútbol, cos frisbies e coas palas... mercamos unhos xeados e unhas chuches para completar este día tan xenial. E cando creíamos que nada podía ser máis divertido, visitamos o Parque Multiaventura do Río Coroño, unha contorna natural chea de emocións!



Chegada a noite, visitounos o Gran Circo de Candilexas, non faltaba ninguén, a bailarina, o forzudo, a muller barbuda, o domador... pero de súpeto, en plena actuación, aconteceu un terrible crime. A bailarina foi asasinada! Os nosos acampados e acampadas participaron na investigación do caso, como si do xogo do CLUEDO se tratara. Tiveron que adiviñar quen era o asasino, con que arma a matara, en que lugar e porque o fixo. Convertíronse en auténticos detectives interrogando aos integrantes do circo e realizando complicadas pescudas ata dar coa solución!

Comentarios


© 2019. CAMPAMENTO CANDILEXAS. Creado con Wix.com

bottom of page