top of page

FORTNITE + HARRY POTTER!

  • Foto del escritor: Candilexas'19
    Candilexas'19
  • 24 ago 2019
  • 2 Min. de lectura

Chegados ao día 8 de campamento, ás rotacións de circo, teatro, caracterización, láser x, maxia, tiro con arco, capoeira, acrosport, arte natura e percusión déronse por finalizadas e de agora en adiante tódolas actividades restantes realizaranse en gran grupo para que poidan desfrutar todos xuntos/as dos últimos días do campamento.


Pola mañá os nosos monitores e monitoras caracterizáronse de skins do Fortnite, un videoxogo donde ata cen xogadores loitan nunha illa, en espacios cada vez máis pequenos, para ser a última persoa en pé.

Neste Gran Xogo do Fortnite Battle Royale adaptado á realidade, os rapaces e rapazas tiñan unha cola que deberían protexer e á súa vez intentar roubar a do compañeiro. As zonas de xogo iban sendo acotadas ata soamente quedar un xogador/a.




Pola tarde pensamos nalgunha das cousas que aprendimos no campa durante estes días e preparamos unha actuación para participar no sábado 27, no programa de "Tú si que vales".


Pola noite, o Campamento Xuvenil de Espiñeira convertíuse no Colexio de Maxia e Feitizería Hogwarts e tivemos que axudar a Harry Potter a atopar os horrocruxes para derrotar a Voldemort, contamos coa axuda dunha morea de profesores e alumnos de Hogwarts aínda que tamén tiñamos a desventaxa de que os dementores e a malvada Bellatrix Lestrange merodeaban pola zona.


A TÓDOLOS FAMILIARES/TITORES/AS: MAÑÁ NON HAI MÓBILES NIN CHAMADAS.

A RECOLLIDA É DE 16:00 A 18:00 HORAS, ROGAMOS LEMBREN TRAER CUBERTA A FOLLA DE AUTORIZACIÓN DE ABANDONO DO CAMPAMENTO QUE SE ENTREGOU O PRIMEIRO DÍA E NO CASO DE QUE A PERSOA QUE VEN A BUSCAR AO RAPAZ/A SEXA ALGUÉN DIFERENTE Á PERSOA QUE CUBRÍU A SOLICITUDE DO CAMPAMENTO DEBERÁ TRAER ASINADO UNHA AUTORIZACIÓN A MAIORES COS DATOS DA PERSOA QUE O RECOLLE E O DNI DO TITOR. ESTE DOCUMENTO PODÉDELO DESCARGAR EN http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

Comments


© 2019. CAMPAMENTO CANDILEXAS. Creado con Wix.com

bottom of page