top of page

A VOLTA AO MUNDO CON PHILEAS FOGG

  • Foto del escritor: Candilexas'19
    Candilexas'19
  • 23 jul 2019
  • 2 Min. de lectura

Terceiro día de campa, segundo día que amencemos entre tendas de campaña. Cada día que pasa ímonos coñecendo un pouco máis e facendo novos/as amigos/as, incluso aos grilos, ás formigas e aos mosquitos xa as miramos con outros ollos.


O domingo seguimos coas rotacións que caracterizan a este campamento. Circo, teatro, caracterización e láser x, pero tamén probamos algunhas novas como danzad (capoeira), tiro con arco e maxia.


Nesta nova rotación de circo, fixemos equilibrismo en slackline, saltamos e fixemos acrobacias na cama elástica e xogamos coas cariocas, aros, panos, zancos, mazas, platos chinos e diábolos.



En tiro con arco, aprendemos as normas básicas de seguridade e practicamos o tiro en diferentes dianas e en pequenos grupos coa axuda dos monitores/as especialistas .

En capoeria, aprendemos un montón de datos interesantes sobre esta danza, e os seus pasos básicos como a ginga, meia lua, patadas circulares, as diferentes esquivas... e todo grazas a noso monitor especialista que é cinturón de capoeira!


Pola tarde estivemos a traballar no que nos chamamos "Contos ao revés", unha actividade teatral que fomenta a autonomía o inxenio e a creatividade, así como a expresión oral e escrita. Ademáis, a última hora da tarde, antes das duchas, desfrutamos dunha actividade programada pola Xunta de Galicia, "O Galego Campa", unha dinámica que promove o emprego da lingua galega e traballa temas como a violencia de xénero ou o bullying a través do teatro.



Pola noite, na velada, fixemos "A volta ao mundo en 80 días", baseada na coñecida novela de Julio Verne. Visitou o campamento o cabaleiro británico Phileas Fogg e o inconfundible Passepartout que andaban perdidos por Boiro nunha das súas viaxes.

Trouxeron consigo un mapa e un pasaporte para que tódolos acampados/as de Candilexas poideran viaxar con eles, visitamos tódolos continentes, coñecendo datos curisos e costumes de cada un de eles! Foi un recorrido por un montón de lugares interesantes sen movernos do campamento!



Comments


© 2019. CAMPAMENTO CANDILEXAS. Creado con Wix.com

bottom of page