TODO TEN UN FINAL.
- Candilexas'19
- 28 jul 2019
- 2 Min. de lectura
Actualizado: 30 jul 2019
O día amenceu gris, xa non solo pola choiva, senon polo sentimento de añoranza que comezou a aflorar en tódolos rapaces e rapazas, e tamén en nós, os monitores/as.
O sábado foi o último día completo do campamento, a última cena, a última festa, os úiltimos momentos especiais que sempre recordaremos.
Pasamos o día realizando actividades que nos quedaran grabadas para sempre como lembranzas dun verán inesquecibel. Grabamos un Lip Dub onde representamos como é un día en Candilexas e, por grupos, realizamos tamén un video recopilación dos challenges (retos), máis coñecidos de internet (Manequin challenge, harlem shake, andy is coming, the floor is lava...).
Ademáis realizamos o "Ti si que vales", un espacio para os nenos e as nenas de Candilexas onde prepararon e representaron diferentes actuacións en base a todo o aprendido e vivido nestes dez días.
Para completar o día, cheo de creatividade, imaxinación e potencial artístico representamos as catro obras que fumos preparando os días previos na actividade de Contos ao revés, onde, a partir de contos clásicos, rediriximos a historia para transmitir aqueles valores que queremos resaltar ou temas relevantes que debemos ter en conta (racismo, bullying, perspectiva de xénero, homofobia, empatía, compañeirismo, respeto, diversidade...)
Pola noite, afloraron os llantos e choros coa proxección dos videos das fotos e o lipdub, e entre bágoas de ledicia e tristeza celebramos a gran festa de despedida, onde tiñamos unha zona de baile, co noso xa coñecido DJ XURELO, unha zona de picoteo, un photocall e unha zona Chill Out máis intima e relaxada.
Deitámonos un pouco máis tarde do habitual, intentando retrasar o inevitable: O fin do campamento.


A TÓDOLOS FAMILIARES/TITORES/AS: HOXE NON HAI MÓBILES NIN CHAMADAS.
A RECOLLIDA É DE 16:00 A 18:00 HORAS, NO CASO DE QUE A PERSOA QUE VEN A BUSCAR AO RAPAZ/A SEXA ALGUÉN DIFERENTE AO SEU TITOR LEGAL DEBERÁ TRAER ASINADO UNHA AUTORIZACIÓN COS DATOS DA PERSOA QUE O RECOLLE E O DNI DO TITOR. ESTE DOCUMENTO PODÉDELO DESCARGAR EN http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran
MOITAS GRAZAS E ATA UNHA PRÓXIMA AVENTURA CANDILEXIANA!
Con este o Noso Raúl leva 7 campamentos... E nunca saira chorando... Di que sin duda e o mellor campa ao q foi polos compis, polos monitores e polas actividades! Moitas gracias a todos en especial ao enfermeiro... Que como di Raúl... foi co que máis tempo botou... Jiji
Se nos deixan... Repetiremos!! E unha ameaza...
Grazas a todolos monis!!! Cando @s nen@s saen cos ollos hinchados de tanto chorar quere decir que a experiencia mereceu a pena. Grazas por coidar ós nosos tesouros!!! Sempre os han recordar ❤️