top of page

GRAN XOGO: FORTNITE BATTLE ROYALE!

  • Foto del escritor: Candilexas'19
    Candilexas'19
  • 27 jul 2019
  • 1 Min. de lectura

Chegados ao día 8 de campamento, ás rotacións de circo, teatro, caracterización, láser x, maxia, tiro con arco, capoeira, acrosport, arte natura e percusión déronse por finalizadas e de agora en adiante tódolas actividades restantes realizaranse en gran grupo para que poidan desfrutar todos xuntos/as dos últimos días do campamento.


Adicamos toda a mañá a realizar un Gran Xogo predeportivo que nos axudou a canalizar toda esa enerxía. Dividimos á mañá en dúas partes, a primeira fixemos un brilé xigante e xogamos ao kin ball, un deporte integrativo que ten como fin eliminar os individualismos e fomentar o traballo en equipo mediante a interacción positiva e a cooperación de tódolos membros da agrupación.




A segunda parte da mañá, os nosos monitores e monitoras caracterizáronse de skins do Fortnite, un videoxogo donde ata cen xogadores loitan nunha illa, en espacios cada vez máis pequenos, para ser a última persoa en pé.


Neste Gran Xogo do Fortnite Battle Royale adaptado á realidade, os rapaces e rapazas tiñan unha cola que deberían protexer e á súa vez intentar roubar a do compañeiro. As zonas de xogo iban sendo acotadas ata soamente quedar un xogador/a.



Pola tarde pensamos nalgunha das cousas que aprendimos no campa durante estes días e preparamos unha actuación para participar no sábado 27, no programa de "Tú si que vales".

Pola noite, o Campamento Xuvenil de Espiñeira convertíuse no Colexio de Maxia e Feitizería Hogwarts e tivemos que pasar diferentes probas cos diferentes profesores/as do colexio para poder obter a nosa praza como alumno/a, aínda que tamén tiñamos a desventaxa de que os dementores merodeaban pola zona.


Foi unha noite máxica!

Comments


© 2019. CAMPAMENTO CANDILEXAS. Creado con Wix.com

bottom of page