top of page

EU QUERO GHOSAR!

  • Foto del escritor: Candilexas'19
    Candilexas'19
  • 25 jul 2019
  • 1 Min. de lectura

"Estaba aburrid@ na casa, xogando á play

xa non sabía o que poder facer...

Debuxei, vin videos e xoguei ao Fornite!

... pero non olvidaba o campa e que foi moi guay...!!!!


Eu quero, (EU QUERO!)

Eu quero ghosar...

Vivir en Candilexas

Ir a Boiro a velo mar...

Eu quero, (EU QUERO!)

Eu quero ghosar...

E cantar pola rúa

o parapapá...!!!!


A canción do campamento, a canción que entoamos cada día nos momentos especiais nos que estamos todos/as xuntas, pero hoxe en concreto, coreamos o "Eu quero" pola rúa para que todos e todas se decataran de que Candilexas e o mellor sitio para vivir, polo menos para vivir unha aventura de verán.




A pesar de que o tempo non acompañou demasiado, e as nubes cubriron o ceo de Boiro, nos fumos á praia e xogamos a unha morea de cousas divertidas, aínda así o momento estrela do día foi pola tarde cando fumos ao Parque Multiaventura do Río Coroño.


Chegada a noite, visitounos o Gran Circo de Candilexas, non faltaba ninguén, a bailarina, o forzudo, a muller barbuda, o domador... pero de súpeto, en plena actuación, aconteceu un terrible crime. A bailarina foi asasinada! Os nosos acampados e acampadas participaron na investigación do caso, como si do xogo do CLUEDO se tratara. Tiveron que adiviñar quen era o asasino, con que arma a matara, en que lugar e porque o fixo. Convertíronse en auténticos detectives interrogando aos integrantes do circo e realizando complicadas pescudas ata dar coa solución!




Comments


© 2019. CAMPAMENTO CANDILEXAS. Creado con Wix.com

bottom of page