NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA
- Candilexas'19
- 26 jul 2019
- 2 Min. de lectura
Capitán Planeta xa nos avisou, que o tempo andaba revolto. A pesares de que a choiva e as nubes acompañáronnos toda a mañá, non foi motivo para romper as nosas rutinas.
Pasamos de estar na praia a sacar das mochilas o chubasquero e o pantalón largo, recollimos á perfección as tendas como si o monitor que pasa o Cochómetro estivera a piques de poñernos un punto vermello, para así evitar que algunhas pertenzas se nos mollaran. Recollimos as toallas dos tendedeiros e reubicamonos en lugares cubertos, pero nada impedíu que fixeramos o último día de rotacións en Candilexas, introducindo tres novas actividades: acrosport, arte na natureza e percusión.

En ARTE NA NATUREZA, realizamos un mural en común das diferentes contornas naturais que nos atopamos en Galicia: fondo mariño, praias, montañas, bosques... e cada un dos nenos e nenas debuxaron e pintaron elementos que podemos atopar neses lugares como diferentes especies animais ou vexetais e tamén aquelas que están por mor do ser humano a pesares de ser contaminantes para o entorno (lixo, plásticos...). Serviunos para concienciar dos perigos que ten a contaminación do noso planeta e para decatarnos de que nós formamos parte do cambio cara un mundo mellor, más sostible e respetuoso co medio. O ultimo día deixaremos a nosa pegada no mural con pintura de tempera e algunha mensaxe positiva do que supuxo para nós o campamento e así deixar pegada non só no mundo en xeral se non tamén en Candilexas en particular.

En percusión, unha das rotacións máis emocionantes de todo o campamento, elaboraronse diferentes instrumentos de percusión con materiais de refugallo (cubos de pintura, botes de patacas, botellas de auga...) e aprenderon a controlar o ritmo e os tempos.
Dedicaron toda a rotación a aprender a tocar diferentes cancións que foron amenizadas polos monitores con guitarra e voz en directo. Entre elas destacamos temazos clásicos como: Highway to hell de AC/DC ou We will rock you de QUEEN.

Pola noite os rapaces e rapazas axudaron a atopar a unha morea de persoas que fuxiron do Centro Sociocultural de Boiro tras unha intoxicación alimenticia durante unha comida polo Día de Galicia. A intoxicación fixo que moitas desas persoas tiveran comportamentos extraños e perturbadores e a tarefa dos acampados/as era atopalos, adiviñar que lles ocorría e cal era o xeito de axudalos. Foi unha velada terrorificamente divertida!
Comments