A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS
- Candilexas'19
- 6 ago 2019
- 2 Min. de lectura
Bos días aventureirxs, un día máis atopámonos por aquí. Sentimos a tardanza na publicación do blog pero o día de praia é un día axetreado para todxs.
Hoxe aproveitamos para contarvos o que fixemos o domingo 4 de agosto, no que continuamos coas rotacións de circo, teatro, caracterización, láser x, e introducimos tres especialidades novas: maxia, capoeria e tiro con arco.
Tres disciplinas novas a descubrir da man dos nosos monitores especialistas. En tiro con arco, aprendemos as normas básicas de seguridade e practicamos o tiro en diferentes dianas e en pequenos grupos. Esta actividade require diferentes habilidades, destrezas, concentración e disciplina. Os nosos acampados/as estiveron espectaculares, disparando frechas como auténticos arqueiros/as de película.

En capoeria, aprendemos un montón de datos interesantes sobre esta danza, e os seus pasos básicos como a ginga, meia lua, patadas circulares, as diferentes esquivas...
Aprendémolos e logo fixemos unha roda de capoeria.

En maxia, vivenciamos un espectáculo único da man de dous monitorxs que parecen recén chegados de Hogwarts. Os rapaces e rapazas puideron aprender diferentes trucos con cartas e moedas, pero houbo algúns que os nosos magos non quixeron compartir para manter a ilusión e a incertidume.
Pola tarde estivemos a traballar no que nos chamamos "Contos ao revés", unha actividade teatral que fomenta a autonomía o inxenio e a creatividade, así como a expresión oral e escrita.
Nesta actividade os nosos acampados/as son creadores e guionistas das súas propias obras de teatro, baseadas en contos clásicos que todos coñecemos pero dándolles unha volta resaltando aqueles falores que queremos transmitir nesta sociedade actual.
Tratáronse temas como o bullying e a violencia, a homofobia, o racismo, a perspectiva de xénero, o machismo, o respeto polos animais, a natureza, a diversidade...
Pola noite, na velada, fixemos "A volta ao mundo en 80 días", baseada na coñecida novela de Julio Verne. Visitou o campamento o cabaleiro británico Phileas Fogg e o inconfundible Passepartout que andaban perdidos por Boiro nunha das súas viaxes.
Trouxeron consigo un mapa e un pasaporte para que tódolos acampados/as de Candilexas poideran viaxar con eles, visitamos tódolos continentes, coñecendo datos curisos e costumes de cada un de eles! Foi un recorrido por un montón de lugares interesantes sen movernos do campamento!
Comments