top of page

Harry Potter, o neno que sobrevivíu.

  • Foto del escritor: Candilexas'19
    Candilexas'19
  • 10 ago 2019
  • 1 Min. de lectura

Onte pasamos o día realizando actividades que nos quedaran grabadas para sempre como lembranzas dun verán inesquecibel. Grabamos un Lip Dub onde representamos como é un día en Candilexas.


Ademáis realizamos o "Ti si que vales", un espacio para os nenos e as nenas de Candilexas onde prepararon e representaron diferentes actuacións en base a todo o aprendido e vivido nestes dez días.


Para completar o día, cheo de creatividade, imaxinación e potencial artístico representamos as catro obras que fumos preparando os días previos na actividade de Contos ao revés.


Pola noite, o Campamento Xuvenil de Espiñeira convertíuse no Colexio de Maxia e Feitizería Hogwarts e tivemos que axudar a Harry Potter a atopar os horrocruxes para derrotar a Voldemort na Batalla Final da Segunda Guerra Máxica, contamos coa axuda dunha morea de profesores/as e alumnos/as de Hogwarts aínda que tamén tiñamos a desventaxa de que os dementores e a terrorífica Bellatrix Lestrange merodeaban pola zona.


A TÓDOLOS FAMILIARES/TITORES/AS: MAÑÁ NON HAI MÓBILES NIN CHAMADAS.

A RECOLLIDA É DE 16:00 A 18:00 HORAS, ROGAMOS LEMBREN A FOLLA DE AUTORIZACIÓN DE ABANDONO DO CAMPAMENTO QUE SE ENTREGOU O PRIMEIRO DÍA E NO CASO DE QUE A PERSOA QUE VEN A BUSCAR AO RAPAZ/A SEXA ALGUÉN DIFERENTE Á PERSOA QUE CUBRÍU A SOLICITUDE DO CAMPAMENTO DEBERÁ TRAER ASINADO UNHA AUTORIZACIÓN COMPLEMENTARIA COS DATOS DA PERSOA QUE O RECOLLE E O DNI DO TITOR. ESTE DOCUMENTO PODÉDELO DESCARGAR EN http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran


Comments


© 2019. CAMPAMENTO CANDILEXAS. Creado con Wix.com

bottom of page