top of page

CANDILEXAS ESCAPE ROOM!

  • Foto del escritor: Candilexas'19
    Candilexas'19
  • 8 ago 2019
  • 2 Min. de lectura

Onte tivemos un día moi axetreado, sacamos das mochilas o chubasquero e o pantalón largo, recollimos á perfección as tendas como si o monitor que pasa o Cochómetro estivera a piques de poñernos un punto vermello, para así evitar que algunhas pertenzas se nos mollaran. Recollimos as toallas dos tendedeiros e reubicamonos en lugares cubertos, pero nada impedíu que fixeramos o último día de rotacións en Candilexas, introducindo tres novas actividades: acrosport, arte na natureza e percusión.


En ARTE NA NATUREZA, realizamos un mural en común das diferentes contornas naturais que nos atopamos en Galicia: fondo mariño, praias, montañas, bosques... e cada un dos nenos e nenas debuxaron e pintaron elementos que podemos atopar neses lugares como diferentes especies animais ou vexetais e tamén aquelas que están por mor do ser humano a pesares de ser contaminantes para o entorno (lixo, plásticos...). Serviunos para concienciar dos perigos que ten a contaminación do noso planeta e para decatarnos de que nós formamos parte do cambio cara un mundo mellor, más sostible e respetuoso co medio. O ultimo día deixaremos a nosa pegada no mural con pintura de tempera e algunha mensaxe positiva do que supuxo para nós o campamento e así deixar pegada non só no mundo en xeral se non tamén en Candilexas en particular.



En percusión, unha das rotacións máis emocionantes de todo o campamento, elaboraronse diferentes instrumentos de percusión con materiais de refugallo (cubos de pintura, botes de patacas, botellas de auga...) e aprenderon a controlar o ritmo e os tempos.

Dedicaron toda a rotación a aprender a tocar diferentes cancións que foron amenizadas polos monitores con guitarra e voz en directo.



Chegada a noite, participamos nunha emocionante ESCAPE ROOM polas diferentes estancias do campamento chea de enigmas e acertixos que tivemos que resolver para conseguir liberar a un dos nosos monitores que foi capturado por uns seres terroríficos! Puxemos todo o noso empeño e dedicación, creatividade, lóxica e traballamos en equipo para pasar todas e cada unha das probas!

Commenti


© 2019. CAMPAMENTO CANDILEXAS. Creado con Wix.com

bottom of page