top of page

VIVA O FOLLÓN BEN ORGANIZADO!

  • Foto del escritor: Candilexas'19
    Candilexas'19
  • 11 ago 2019
  • 2 Min. de lectura

Salíu o sol en Candilexas despois de 3 días intensos de choiva, os rapaces e rapaces espertaton cun ánimo diferente e cunhas ganas enormes de desfrutar de este día sin auga.


Non o dubidamos e fixemos esa excursión tan ansiada á praia e ao parque multiaventura do río Coroño. Non faltaron cancións e bailes polo camiño...

"Estaba aburrid@ na casa, xogando á play

xa non sabía o que poder facer...

Debuxei, vin videos e xoguei ao Fornite!

... pero non olvidaba o campa e que foi moi guay...!!!!

Eu quero, (EU QUERO!)

Eu quero ghosar...

Vivir en Candilexas

Ir a Boiro a velo mar...

Eu quero, (EU QUERO!)

Eu quero ghosar...

E cantar pola rúa

o parapapá...!!!!


A canción do campamento, a canción que entoamos cada día nos momentos especiais nos que estamos todos/as xuntas, pero hoxe en concreto, coreamos o "Eu quero" pola rúa para que todos e todas se decataran de que Candilexas é o mellor sitio para vivir, polo menos para vivir unha aventura de verán.





Pola noite, afloraron os llantos e choros coa proxección dos videos das fotos e o lipdub, e entre bágoas de ledicia e tristeza celebramos a gran festa de despedida, onde tiñamos unha zona de baile, co noso xa coñecido DJ XURELO, un photocall e unha zona Chill Out máis intima e relaxada.

Deitámonos un pouco máis tarde do habitual, intentando retrasar o inevitable: O fin do campamento.



AGORA SO NOS QUEDA AGRADECER A TÓDOLOS RAPACES E RAPAZAS POR ESTOS DEZ DÍAS CHEOS DE EMOCIÓNS, ONDE DEMOSTRARON SER UNHOS COMPAÑEIROS/AS FABULOSOS, CON UNHA MOREA DE VALORES QUE TRANSMITIR AO MUNDO E UN MONTÓN DE CUALIDADES E APTITUDES QUE FAN DE ESTE CAMPAMENTO UN LUGAR MÁXICO ONDE PASAR UN VERÁN DIFERENTE.


A TÓDOLOS FAMILIARES/TITORES/AS:

LEMBRAMOS QUE HOXE NON HAI MÓBILES NIN CHAMADAS.

A RECOLLIDA É DE 16:00 A 18:00 HORAS, ROGAMOS LEMBREN A FOLLA DE AUTORIZACIÓN DE ABANDONO DO CAMPAMENTO QUE SE ENTREGOU O PRIMEIRO DÍA E NO CASO DE QUE A PERSOA QUE VEN A BUSCAR AO RAPAZ/A SEXA ALGUÉN DIFERENTE Á PERSOA QUE CUBRÍU A SOLICITUDE DO CAMPAMENTO DEBERÁ TRAER ASINADO UNHA AUTORIZACIÓN COMPLEMENTARIA COS DATOS DA PERSOA QUE O RECOLLE E O DNI DO TITOR. ESTE DOCUMENTO PODÉDELO DESCARGAR EN http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran


Comments


© 2019. CAMPAMENTO CANDILEXAS. Creado con Wix.com

bottom of page