BENVID@S AO CAMPAMENTO CANDILEXAS!
- Candilexas'19
- 3 ago 2019
- 2 Min. de lectura
Comezamos o mes con moita ledicia porque tamén comezamos unha nova quenda, unha nova aventura que ameaza ser de todo apaixonante.
92 nenos e nenas con unha morea de ganas de desfrutar e pasalo ben, desconectando do día a día e descubrindo novas sensacións, emocións e experiencias.
20 persoas, monitores/as, enfermeiro, coordinador e directora, dispostos a deixar en Candilexas todas as súas ganas e potencial para que estos dez días sexan inolvidables para os cativos/as, coma sempre dicimos: "POR E PARA ELES/AS".
Arrancou o día cos máis madrugadores e pouco a pouco foron incorporándose todos e todas. Fixemos un taller e elaboramos un cartel identificativo co noso nome e debuxamos nel aquelas cousas que nos gusta facer, tamén xogamos a diferentes xogos de mesa agardando a que chegaran tod@s.

Despois de que a directora nos explicara o funcionamento do campamento, así como as normas, comemos todos xuntos no porche da instalación e aprendemos a canción de "Tengo un hambre atroz" en lingua de signos, unha canción que cantaremos sempre antes de cada comida.

Desfrutamos do tempo libre despois da comida, asentándonos nas nosas tendas, coñecendo aos nosos monitores/as e compañeiros/as e ás 4 comezamos os xogos de presentación e realizamos os grupos para as diferentes actividades que se van levar a cabo ao longo do campamento. Dividímonos en catro grupos de 23: MAG@S, MALABARISTAS, ACRÓBATAS E TRAPECISTAS.

Pola noite, chegou o momento máis esperado, a velada! Os rapaces e rapazas tiñan como misión atopar aos diferentes animais do circo que estaban agochados por diferentes lugares da instalación e concederlles a liberdade, porque en Candilexas, queremos aos animais nos bosques, nas selvas, na sabana... e non en xaulas. Esta velada serviunos como rastrexo para coñecer a instalación e os diferentes lugares que imos empregar ao longo destos 10 días dun xeito lúdico e dinámico.
Comments