top of page

CANDILEXAS A REMOLLO!

  • Foto del escritor: Candilexas'19
    Candilexas'19
  • 23 jul 2019
  • 1 Min. de lectura

(AVISO IMPORTANTE: MAÑÁ, MÉRCORES 24 DE XULLO, NON HABERÁ CHAMADAS NIN MÓBILES DEBIDO Á EXCURSIÓN Á PRAIA E AO RÍO COROÑO)


O luns erguémonos con ilusión porque sabíamos que iamos ter un longo e divertido día por diante.


Pola maña cedo, almorzamos como auténticos campións e campionas, cargamos as nosas cantimploras, embadurnámonos de protección solar, enfundamos as puchas, puxemos os chalecos reflectantes e marchamos, en fila de tres cara a praia de Barraña.


Polo camiño entonamos a canción do campamento con todas ás nosas forzas, repetimos unha e outra vez o "parapapá" e cantamos unha morea de cancións novas.



Na praia fixemos diferentes xogos en gran grupo, volamos cometas, xogamos ao voley, ao futbol, fixemos lanzamento de frisbie, xogamos á petanca...


Á volta fixemos unha parada no Concello de Boiro e por grupos de 10, realizamos unha "Misión imposible" onde tivemos que interactuar cos habitantes do pobo buscando a sua colaboración para bailar a macarena, conseguir apertas gratis e diferentes retos que fixeron que o pasaramos en grande!


Ao chegar, esperábanos unha gran festa! A festa holi, onde nos enchemos de cores e a festa da espuma, amenizada polo noso DJ XURELO.




Finalmente, para rematar esta xornada tan especial, Candilexas convertíuse nun enorme plató de televisión onde os acampados/as foron invitados a presenciar e participar en programas que moitos familiares recordaran, como El Precio Justo o el Grand Prix.



1 Comment


Ana Hervés
Ana Hervés
Jul 23, 2019

Sodes a cañaaa!! Moitas gracias por todo o que facedes para que os nenos e nenas o pasen taaaan ben!! Van a vir cas mochilas cheas de grandes recordos e moi bos amigos!! Esto será inesquecibles para todos eles!

Like

© 2019. CAMPAMENTO CANDILEXAS. Creado con Wix.com

bottom of page