top of page

CANDILEXAS TEÑIDO DE CORES!

  • Foto del escritor: Candilexas'19
    Candilexas'19
  • 6 ago 2019
  • 1 Min. de lectura

(AVISO IMPORTANTE: QUEDA SUSPENDIDA A SAÍDA Á PRAIA ATA PRÓXIMO AVISO POR CUESTIÓNS METEOROLÓXICAS. Polo tanto, mañá mércores 7 de agosto sí haberá chamadas e móbiles. DESCULPEN AS MOLESTIAS).



Onte aproveitamos os últimos raios de sol previstos para esta semana e enfundamos as nosas puchas e cantimploras e pasamos o día na praia.


Alí xogamos a a unha morea de cousas, indiacas, voleibol, ás cartas, fútbol e incluso voamos cometas, o vento estaba mellor que nunca e parecíamos titiriteiros con páxaros de papel. Tamén xogamos en gran grupo, ao "pressing kiss", unha loita encarnizada entre dous por bicar ao compañeiro/a que se atopa no medio do circulo.


Despois desfrutamos dun tempo de relaxación e tranquilidade con tódolos novos amigos/as que estamos a facer en Candilexas e gastamos parte dos nosos "lereles" en mercar un xeado, un refresco ou algunha chuche para compensar tódalas verduras que estamos a comer no campa!


De camiño ao campamento, despois de repoñer forzas cos xeados realizamos unha Misión imposible por Boiro onde tivemos que deixar a vergoña atrás e interactuar con tódolos veciños e veciñas do pobo para que nos axudasen a superar diferentes probas como bailar a macarena na rúa ou cantar con nós un villancico a pleno pulmón.


Finalmente regresamos ao campamento. Dous monitores/as agardábannos cunha sorprendente festa holi e festa de espuma. Por unhas horas, Candilexas inundouse de cores e espuma ao son da música.


Finalmente, para rematar esta xornada tan especial, Candilexas convertíuse nun enorme plató de televisión onde os acampados/as foron invitados a presenciar e participar en programas que moitos familiares recordaran, como El Precio Justo o el Grand Prix.

Comments


© 2019. CAMPAMENTO CANDILEXAS. Creado con Wix.com

bottom of page