CAPITÁN PLANETA, OS PLANETARIOS E OS GUERREIROS DE GAIA!
- Candilexas'19
- 18 ago 2019
- 2 Min. de lectura
(AVISO IMPORTANTE: MAÑÁ, LUNS 18 DE AGOSTO, NON HABERÁ CHAMADAS NIN MÓBILES DEBIDO Á EXCURSIÓN Á PRAIA E A BOIRO).
Onte foi un día largo e do máis entretido. Empezamos a mañá cun ACTÍVA-T, unha rutina de bailes e coreografías que realizaremos tódolos días ás 9:30 coa intención de espertarnos e quencer un pouco o corpo para poder realizar as diferentes actividades.
Durante toda a mañá e a primeira metade da tarde, os diferentes grupos de ACRÓBATAS, TRAPECISTAS, MAG@S E MALABARISTAS realizaron algunhas das actividades máis especiais do campamento.
En teatro, decatámonos que temos unha morea de xóvenes teatreiros ao ver o ben que funcionaron as diferentes dinámicas de improvisación, desinhibición e expresión corporal.

En circo, realizamos un taller onde descubrimos como facer os nosos propios malabares con globos e arroz e practicamos ata converternos en magníficos malabaristas. En caracterización aprendemos ás técnicas básicas de facepainting e realizamos maquillaxes por parellas de distintas persoaxes. Todos os coñecementos adquiridos nesta asctividade poñerémolos en práctica cando realicemos as nosas propias representacións teatrais, caracterizando ao compañeiro/a. En arte na natureza reflexionamos a cerca da contorna que nos rodea e realizamos diferentes murais empregando témperas, ceras, rotus, esponxas, pinceis...! Pasámolo en grande!
Despois da merenda, (un delicioso bocadillo de hummus e tomate), repuxemos forzas e como caía algunha que outra gota de auga, puxemonos a cuberto e botamos unha gran oca xigante, onde por equipos, debíamos ir resolvendo e pasando diferentes probas en función da casilla na que caíamos, moito nos rimos!

Chegada a noite e con ela, a velada, rememoramos unha das series máis coñecidas para aqueles que crecemos xunto ao Xabarín da TVG. Esa "super" noite a contaminación invadíu a nosa contorna e por iso tivemos unha inesperada e importante visita. Os guerreiros de Gaia viñeron a reclutar aos nosos acampados/as para atopar aos Planetarios (Vento, Lume, Terra, Auga e Corazón), conseguir os aneis e así poder invocar ao Capitán Planeta para que loitara contra a contaminación e deixar nas nosas mans o facer deste lugar un mundo mellor.

Comments