top of page

COMEZAMOS UNHA NOVA AVENTURA

  • Foto del escritor: Candilexas'19
    Candilexas'19
  • 20 jul 2019
  • 2 Min. de lectura

Candilexas abre as súas portas, unha vez máis, a 97 rapaces e rapazas que se achegan ata o Campamento Xuvenil de Espiñeira para vivir unha experiencia inesquecible.


Onte foi un día de sentimentos contrapostos, por un lado a ilusión e a enerxía de comezar unha nova andaina chea de aventuras e, por outro lado, o sentimento de pasar 10 días lonxe das persoas que queremos.


Aínda así, sentimos informar ás familias/titor@s/amig@s de que pasastedes a un segundo plano, e que ao longo do día os nenos e nenas deixaron de lado a súa vida anterior para adentrarse de pleno na vida campamentil: desfrutar, facer amigos/as, pasalo ben e desconectar da rutina do día a día.



Unha vez chegaron todos e todas, acomodaron as súas cousas na tenda e explicamos algúnha das actividades fixas do campamento como o buzón, a wakachina, o cartaz de suxerencias e o cochómetro.

O buzón é o lugar onde poden depositar cartas, notas ou mensaxes para os seus compañeiros/as, as cartas poden ser privadas ou públicas pero no caso de que teñan faltas de ortografía, leranse en alto como penalización.

A wakachina é un gran cubo de obxetos perdidos: calcetíns, puchas, cepillos, sudaderas, cantimploras... calquera cousa que os acampados/as deixen esquecido. Cada día aquelas persoas que tiveran unha prenda ou obxeto na wakachina deberá realizar unha proba que marcaremos os monis (cantar diante de todos/as no comedor, falar por xestos durante a comida, levar a roupa do revés durante todo un día...)

E o cochómetro é o medidor de orden e suciedade das tendas de campaña coa fin de que cada un/unha sexa responsable e autónomo/a á hora de manter limpas as tendas e ordeadas as súas pertenzas.



Ademáis explicáronse as diferentes normas de convivencia do campamento basadas no respeto á diversidade (partindo da idea de que cada persoa ten unhas características persoais e físicas distintas que nos fan ser unha persoa única e irrepetible e que todos e cada un de nós temos algo bon que ofrecer) tamén destacamos valores como a empatía, o compañerismo, o coidado e respeto polos animais e o medio ambiente, a igualdade e equidade, etc.


Pola tarde, despois de comer, dividimos aos 97 rapaces e rapaces en 4 grupos e aproveitamos ao máximo cada minuto para coñecernos e para realizar os grupos que participarán nas actividades rotativas que comezaron hoxe (teatro, caracterización, circo, láser x, danza, maxia, tiro con arco, percusión, acrosport, etc). Ao final o noso campamento está composto pol@s MALABARISTAS, ACRÓBATAS, MAG@S E TRAPECISTAS!



Pola noite, chegou o momento máis esperado, a velada! Os rapaces e rapazas tiñan como misión atopar aos diferentes animais do circo que estaban agochados por diferentes lugares da instalación e concederlles a liberdade, porque en Candilexas, queremos aos animais nos bosques, nas selvas, na sabana... e non en xaulas. Esta velada serviunos como rastrexo para coñecer a instalación e os diferentes lugares que imos empregar ao longo destos 10 días dun xeito lúdico e dinámico.






Comments


© 2019. CAMPAMENTO CANDILEXAS. Creado con Wix.com

bottom of page