CONTOS AO REVÉS!
- Candilexas'19
- 25 jul 2019
- 1 Min. de lectura
Chegamos á metade do campamento, neste momento xa todos e todas están completamente adaptados e integrados con tódolos monitores/as e coa morea de amigos/as novos/as que están a facer.
Neste martes día 23, os ACRÓBATAS, MAGOS, TRAPECISTAS E MALABARISTAS, continuaron coas rotacións de maxia, tiro con arco, circo e capoeira. Pola tarde, as monitoras e monitores repartiron as obras de contos ao revés e fixeron ensaios de cara á representación final que terá lugar o sábado 27.

Pola noite, tivemos o placer de ser invitados/as como participantes ao programa de FUROR, presentado por Alaska e Mario, e acompañando aos grupos, a artistas como Lady Gaga, Shakira ou King África.
Cantamos, bailamos e desfrutamos a raudales, tanto foi así que pola noite esquecímonos de moscas e mosquitos e nada de nada puido interrumpir o noso sono.

Comments