top of page

CRECENDO COMO ARTISTAS...

  • Foto del escritor: Candilexas'19
    Candilexas'19
  • 8 jul 2019
  • 2 Min. de lectura

Sentimos a tardanza na publicación no día de hoxe, foi un día axetreado cheo de anécdotas e actividades divertidas, pero de eso falaremos mañá.


Hoxe contareivos o día de onte, no que continuamos coas rotacións de circo, teatro, caracterización, láser x, e introducimos dúas especialidades novas: maxia e capoeria.


As actividades foron incríbles, grazas tamén aos monitores/as especialistas que demostraron a súa paixón e foron capaces de transmitirlla aos rapaces/as.


Nesta nova rotación de circo, fixemos equilibrismo en slackline, saltamos e fixemos acrobacias na cama elástica e xogamos coas cariocas, aros, panos, zancos, mazas, platos chinos e diábolos a son da canción de Enrique e Ana: Super Disco Chino.


En tiro con arco, aprendemos as normas básicas de seguridade e practicamos o tiro en diferentes dianas e en pequenos grupos coa axuda dos monitores/as especialistas , sen lugar a dúbidas temos no campamento a pequenos/as "Robin Hoods". (Papás/mamás/titores/as/demáis familia, ide preparando os petos porque gustounos tanto esta actividade que moitos/as xa preguntaron canto costaban os arcos)




En capoeria, aprendemos un montón de datos interesantes sobre esta danza, e os seus pasos básicos como a ginga, meia lua, patadas circulares, as diferentes esquivas...

Aprendémolos e logo fixemos unha roda de capoeria na que o pasamos pipa!


En maxia, contamos con dous magos monitores que nos deixaron coa boca aberta coa súa habilidade e destreza durante un espectáculo único. Os nenos e nenas aprenderon diferentes trucos con moedas e cartas, aínda que houbo outros que os monis non quixeron desvelar e deixáronnos coa mel nos beizos.



Pola tarde estivemos a traballar no que nos chamamos "Contos ao revés", unha actividade teatral que fomenta a autonomía o inxenio e a creatividade, así como a expresión oral e escrita.

Contamos coa presencia no campa de dous importantísimos críticos de teatro que estaban a organizar unha obra que consiste en escoller contos clásicos ou aclamados polo público , no último momento quedaron sin actores e escolleros aos nosos/as acampados/as para representar ese papel.

Propuxeronse diferente contos, nos que os nenos/as deberán transformar resaltando aqueles valores máis importantes ou temas de actualidade (perspectiva de xénero, bullying, estereotipos...) e cambiarlles o final ou o transcurso da historia facendo do conto unha historia máis adecuada aos nosos tempos. As obras que os rapaces/as preparen representaránse cara os últimos días do campamento.


Pola noite, na velada, fixemos "A volta ao mundo en 80 días", baseada na coñecida novela de Julio Verne. Visitou o campamento o cabaleiro británico Phileas Fogg e o inconfundible Passepartout que andaban perdidos por Boiro nunha das súas viaxes.

Trouxeron consigo un mapa e un pasaporte para que tódolos acampados/as de Candilexas poideran viaxar con eles, visitamos tódolos continentes, coñecendo datos curisos e costumes de cada un de eles! Foi un recorrido por un montón de lugares interesantes sen movernos do campamento!












Comments


© 2019. CAMPAMENTO CANDILEXAS. Creado con Wix.com

bottom of page