FUROR EN CANDILEXAS!
- Candilexas'19
- 10 jul 2019
- 2 Min. de lectura
Estamos no ecuador do campamento e chegados a este momento xa tódalas rutinas e actividades están interiorizadas e todo está saíndo a pedir de boca. Os rapaces e rapazas cada día móstranse máis participativos, motivados e cheos de enerxía a pesares do cansancio.
Neste martes día 9, os ACRÓBATAS, MAGOS, TRAPECISTAS E MALABARISTAS, continuaron coas rotacións de maxia, tiro con arco, circo e capoeira. Pola tarde, as monitoras e monitores repartiron as obras de contos ao revés e fixeron ensaios de cara á representación final que terá lugar o sábado 13.



Ao longo dos días imos realizando unha serie de actividades permanentes do campamento, como o buzón, a wakachina, o cartaz de suxerencias e o cochómetro.
O buzón é o lugar onde poden depositar cartas, notas ou mensaxes para os seus compañeiros/as, as cartas poden ser privadas ou públicas pero no caso de que teñan faltas de ortografía, leranse en alto como penalización.
A wakachina é un gran cubo de obxetos perdidos: calcetíns, puchas, cepillos, sudaderas, cantimploras... calquera cousa que os acampados/as deixen esquecido. Cada día aquelas persoas que tiveran unha prenda ou obxeto na wakachina deberá realizar unha proba que marcaremos os monis (cantar diante de todos/as no comedor, falar por xestos durante a comida, levar a roupa do revés durante todo un día...)
E o cochómetro é o medidor de orden e suciedade das tendas de campaña coa fin de que cada un/unha sexa responsable e autónomo/a á hora de manter limpas as tendas e ordeadas as súas pertenzas.

Pola noite, tivemos o placer de ser invitados/as como participantes ao programa de FUROR, presentado por Alaska e Mario, no xurado Lady Gaga e Risto Mejide e coa música ao Sevilla.
Cantamos, bailamos e desfrutamos a raudales, tanto foi así que pola noite esquecímonos de moscas e mosquitos e nada de nada puido interrumpir o noso sono.


Comments