LADIES AND GENTLEMEN... A FUNCIÓN VAI DAR COMEZO!
- Candilexas'19
- 6 jul 2019
- 2 Min. de lectura
Hoxe o Campamento Candilexas espertou cedo. Mudamos o son dos paxaros e dos grilos polas risas e os brincos de 95 rapaces e rapazas que demostraron ter unhas ganas enormes de desfrutar, aprender e pasalo ben.

O día de onte arrancou ás 11:00 da maña con nervios e incertidumes pero a medida que o día foi avanzando os nervios fóronse diluíndo e transformándose en ilusión.
Pola mañá adicamos un tempo a facer xogos, dinámicas e cánticos que nos axudaron a deixar a vergoña na casa e abrirlle as portas á creatividade e á imaxinación.

Aproveitamos para explicar o funcionamento do noso campamento, así como ás normas que asegurarán unha boa convivenza entre acampad@s, monitor@s e persoal da instalación. En resumidas contas... Aprender a respertarnos, entender que as nosas diferenzas son o noso preciado tesouro, o que nos fai únicos, pero sobre todo, que estamos aquí para vivir unha experiencia inesquecible.

Pola tarde, aproveitamos ao máximo cada minuto para coñecernos e para realizar os grupos que participarán nas actividades rotativas que comezaron hoxe (teatro, caracterización, circo, láser x, danza, maxia, tiro con arco, percusión, acrosport, etc). Ao final o noso campamento está composto pol@s MALABARISTAS, ACRÓBATAS, MAG@S E TRAPECISTAS!

A chegada da noite, trouxo consigo un dos momentos máis esperados polos acampados e acampadas... A VELADA! Os/as monitores/as anduveron na procura do mellor xeito para camuflarse coa contorna e que os rapaces e rapazas coa axuda dun mapa da instalación (e as pistas e consellos dalgún moni infiltrad@) conseguiran atopalos a todos e superar as diferentes probas que lles tiñan preparadas. Foi unha velada super emocionante que nos servíu para familiarizarnos coa instalación, pero... é posible que algún monitor aínda siga camuflado entre ás árbores !
Despois da velada da "Caza do Monitor", asamblea e a volta a calma, o silencio volveu a apoderarse de Espiñeira.

Comentários