Loitando contra a contaminación!
- Candilexas'19
- 21 jul 2019
- 2 Min. de lectura
Actualizado: 23 jul 2019
(AVISO IMPORTANTE: MAÑÁ, LUNS 22 DE XULLO, NON HABERÁ CHAMADAS NIN MÓBILES DEBIDO Á EXCURSIÓN Á PRAIA E A BOIRO).
Onte amenceu cedo en Candilexas, a primeira noite fora da casa, durmindo en tendas e sacos fixo que moitos espertaran antes de que soara a música-despertador.
Erguémonos con ganas e enerxia para afrontar o primeiro día completo no campa. Pola mañá despois do almorzo tivemos ACTÍVA-T, unha rutina de bailes e coreografías que realizaremos tódolos días ás 9:30 coa intención de espertarnos e quencer un pouco o corpo para poder realizar as diferentes actividades.
A continuación comezamos as primeiras rotacións. Teatro, circo, láser x e caracterización. Tódolos rapaces e rapazas , por grupos (MALABARISTAS, TRAPECISTAS, MAG@S E ACRÓBATAS) foron experimentando algunhas das actividades máis divertidas do campa.
En teatro fixeron diferentes dinámicas de expresión corporal, improvisación e iniciación, para perder a vergoña e conseguir un gran grupo cohesionado.

En caracterización aprendemos ás técnicas básicas de facepainting e realizamos maquillaxes por parellas de distintas persoaxes: animais, esqueletos... etc. Algúns quedaron totalmente terroríficos! Pero antes practicamos nos brazos cos diferentes instrumentos que podiamos empregar (pinceis, esponxas...). Si nos vedes, non nos coñecedes!

En Láser X, participamos nun gran xogo con pistolas de luces e sons no que primaba o traballo en equipo e a comunicación como medio para obter un bon resultado!

Ademáis tamén realizamos un taller onde creamos os nosos propios malabares con globos e arroz, e estivemos ensaiando e traballando a psicomotricidade para lograr ser uns/as grandes malabaristas.

Pola tarde, puxémonos as nosas peores galas e os monitores/as prepararon unha "gynkana guarra", onde, por equipos, fumos realizando diferentes probas, unhas máis engorrosas ca outras ( comer unha mazá flotando en auga sen empregar as mans, atopar coa boca un tesouro escondido nun cubo de colacao, explotar un globo sorpresa na cabeza do compañeiro/a si se falla unha pregunta de cultura xeral, comer unha galleta pegada á frente con mermelada...) pasámolo en grande!!
Chegada a noite e con ela, a velada, rememoramos unha das series máis coñecidas para aqueles que crecemos xunto ao Xabarín da TVG. Esa "super" noite a contaminación invadíu a nosa contorna e por iso tivemos unha inesperada e importante visita. Os guerreiros de Gaia viñeron a reclutar aos nosos acampados/as para atopar aos Planetarios (Vento, Lume, Terra, Auga e Corazón), conseguir os aneis e así poder invocar ao Capitán Planeta para que loitara contra a contaminación e deixar nas nosas mans o facer deste lugar un mundo mellor.

Dende Gaia, despedímonos ata mañá!
Comments