top of page

O VERÁN ACABA DE COMEZAR!

  • Foto del escritor: Candilexas'19
    Candilexas'19
  • 17 ago 2019
  • 1 Min. de lectura

Para algúns o verán acaba de comezar, exactamente para 97 rapazas e rapaces que onte aterrizaron en Candilexas disposto a pasar dez días inolvidables.


Para nós, xa é a cuarta e última quenda, pero non por iso a menos importante, pola contra, iniciamos esta última recta final con moita ilusión e con ganas de estar ao 200%. Desfrutar ao máximo de estos días xunto de rapaces e rapazas maravillosos/as e facer que, tanto para eles/as como para nós, sexa un verán inesquecible.


O sol saíu en Boiro para recibirvos, chegastedes xuntos/as pero non revoltos/as. Adicamos a mañá a ubicarnos, ter esa primeria toma de contacto e entender o funcionamento do campamento así como as normas que teremos en conta para facer de isto unha convivencia respetuosa onde floreza a amizade.



Pola tarde, fixemos diferentes xogos de presentación, aproveitamos ao máximo cada minuto para coñecernos e para realizar os grupos que participarán nas actividades rotativas que comezaron hoxe (teatro, caracterización, circo, láser x, danza, maxia, tiro con arco, percusión, acrosport, etc). Ao final o noso campamento está composto pol@s MALABARISTAS, ACRÓBATAS, MAG@S E TRAPECISTAS!


Pola noite, chegou o momento máis esperado, a velada! Os rapaces e rapazas tiñan como misión atopar aos diferentes animais do circo que estaban agochados por diferentes lugares da instalación e concederlles a liberdade, porque en Candilexas, queremos aos animais nos bosques, nas selvas, na sabana... e non en xaulas. Esta velada serviunos como rastrexo para coñecer a instalación e os diferentes lugares que imos empregar ao longo destos 10 días dun xeito lúdico e dinámico.



Comments


© 2019. CAMPAMENTO CANDILEXAS. Creado con Wix.com

bottom of page