OS GUERREIROS DE GAIA!
- Candilexas'19
- 4 ago 2019
- 2 Min. de lectura
(AVISO IMPORTANTE: MAÑÁ, LUNS 5 DE AGOSTO, NON HABERÁ CHAMADAS NIN MÓBILES DEBIDO Á EXCURSIÓN Á PRAIA E A BOIRO).
Candilexas espertou ás 8:30 da mañá coa música a todo trapo no medio da campa para comezar o primeiro día enteiro no campamento con un montón de enerxía positiva.
Onte, iniciamos a nosa andaina polas diferentes actividades rotativas. Mag@s, malabaristas, acróbatas e trapecistas tiveron a súa primeira toma de contacto coas diversas disciplinas, en concreto: teatro, circo, caracterización e láser X.
En teatro puxemos a proba a creatividade e imaxinación dos nosos acampados e acampadas a través de xogos de improvisación e expresión corporal, e tras deixar a vergoña atrás, descubrimos o gran potencial que esconden estes nenos e nenas no mundo do teatro.

En láser X desfrutamos dunha igualada loita futurista con pistolas láser na zona das árbores e puxemos a proba o poder da intelixencia artificial contra o ser humano.

En circo, fixemos equilibrismo en slackline, saltamos e fixemos acrobacias na cama elástica e xogamos coas cariocas, aros, panos, zancos, mazas, platos chinos e diábolos.
E por último en caracterización aprendemos ás técnicas básicas de facepainting e realizamos maquillaxes por parellas de distintas persoaxes: animais, esqueletos, superheroes... etc, maquillaxes de fantasía e diversas técnicas. Pero antes practicamos nos brazos cos diferentes instrumentos que podiamos empregar (pinceis, esponxas...). Algúns e algunhas remataron co corpo cheo de tatuaxes!

Pola tarde, xusto antes das duchas, visitounos o "Moni-alcalde" de Boiro para anunciarnos una boa nova: Candilexas foi o lugar escollido para realizar as mundialmente coñecidas "Guarri-Olimpiadas" e os acampados e acampadas serían os protagonistas. Sen mais demora, enfundamos roupa vella e comezamos a aventura, o resultado foi catástrófico para a nosa roupa (nada que non se solucione con un bon lavado) pero foi espectacular e inolvidable para todos/as.

Chegada a noite e con ela, a velada, rememoramos unha das series máis coñecidas para aqueles/as que crecemos xunto ao Xabarín da TVG. Esa "super" noite, a contaminación invadíu a nosa contorna e por iso tivemos unha inesperada e importante visita. Os guerreiros de Gaia viñeron a reclutar aos nosos acampados/as para atopar aos Planetarios (Vento, Lume, Terra, Auga e Corazón), conseguir os aneis e así poder invocar ao Capitán Planeta para que loitara contra a contaminación e deixar nas nosas mans o facer deste lugar un mundo mellor.

Comments